Friday 17 de May de 2024

O Concello conmemora o 50 aniversario do golpe de Estado en Chile cun acto na Fábrica


Xusto o día no que se cumpren 50 anos do Golpe de estado en Chile contra o Goberno democrático de Salvador Allende, o Concello organizou un acto na Fábrica para lembrar aquela bárbara acción do exército chileno apoiada polos Estados Unidos. O alcalde, Ángel García Seoane, presidiu o encontro no que participou, Omar Contreras Flores, veciño de Maianca que foi preso político da ditadura chilena.

Despois do coloquio proxectouse o documental “Salvador Allende vive en la memoria”, de Patricio Guzmán.